Test de Enfermería nº 36 - O.P.E. SERGAS - SERVICIO GALLEGO DE SALUD - Enfermeira Especialista en Saúde Mental - Año 2009 - Parte 1 [Test en Galego]

1. ¿En qué artigo da Constitución Española se recoñece o dereito á protección da saúde?

No 41
No 43
No 49
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

2. NON é un principio fundamental da Bioética:

Principio de beneficencia
Principio de caridade
Principio de autonomía
Principio de xustiza
Resultado:

3. Segundo A. Donabedian, o proceso de control de calidade debe considerar:

Os medios e o resultado
O presuposto e os obxectivos
A estrutura e os recursos humanos
A estrutura, o proceso e o resultado
Resultado:

4. COIDEN é:

Unha base de datos bibliográfica de enfermaría
Unha revista de enfermaría
Unha asociación de enfermaría
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

5. Segundo Jenicek, a epidemioloxía ten uns fundamentos teóricos para conseguir os seus fins, que son:

a) Exactitude, clasificación e razoamento
b) Normalidade e representatividade
c) Exactitude e representatividade
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

6. O crecemento vexetativo é:

A suma de nacementos e defuncións
A diferenza entre nacementos e defuncións
Os nacementos máis o saldo migratorio
Os nacementos menos as defuncións máis o saldo migratorio
Resultado:

7. A proporción de persoas que morren por unha enfermidade entre os afectados por esta nun período e área determinados, denomínase:

Taxa de mortalidade bruta
Taxa de mortalidade evitable
Taxa de letalidade
Índice de Swaroop
Resultado:

8. É obxectivo da entrevista clínica:

Chegar a un diagnóstico
Coñecer a persoa
Crear e manter a relación interpersoal
Todas as respostas son correctas
Resultado:

9. As prestacións sanitarias do catálogo de prestacións do Sistema Nacional de Saúde fanse efectivas por medio de:

A publicidade
O catálogo de servizos
A carteira de servizos
O catálogo de prestacións
Resultado:

10. Con respecto a Intranet, indique a resposta incorrecta:

Emprega os servizos internos de correo electrónico como vía de intercambio de información
Os seus usuarios non poden ter acceso a Internet
Está restrinxida a aquelas persoas que están conectadas á rede privada da empresa
Utiliza o modelo World Wide Web, adaptado á súa situación e estrutura interna
Resultado:

11. Pregunta

Respuesta 1
Respuesta 2
Respuesta 3
Respuesta 4
Resultado:

12. Pregunta

Respuesta 1
Respuesta 2
Respuesta 3
Respuesta 4
Resultado:

13. Segundo o catálogo de programas asistenciais do Plan de Galicia sobre Drogas, o tratamento nas Comunidades Terapéuticas realízase baixo a modalidade:

a) Ambulatoria
b) Semirresidencial
c) Residencial
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

14. Segundo o modelo de H.Peplau, o centro de intervención enfermeira consiste en:

Atender a parte de dependencia do cliente
Potenciar os estímulos do ámbito
A relación interpersoal enfermeiro/a-paciente
Identificar e avaliar as dificultades do cliente
Resultado:

15. No referente á multicausalidade das enfermidades mentais, a persoa é unha realidade pluridimensional e as perspectivas do seu estudio son diversas, aínda que dende unha perspectiva psicolóxica, teremos en conta:

Tendencias cognitivistas e condutistas
Tendencias psicodinámicas
Modelo neuropatolóxico
As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

16. ¿Que modelo de Enfermaría desenvolveu Callista Roy (1971)?

De suplencia ou axuda
Ecoloxista ou naturalista
Existencialista, de adaptación e interrelación
As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

17. ¿Cal dos seguintes fármacos destaca polas súas propiedades anticonvulsivas?

Fenitoína
Carbamazepina
Valproato sódico
Todas as respostas son correctas
Resultado:

18. Os fármacos inhibidores da MAO, empréganse principalmente pola súa acción:

Antidepresiva
Analxésica
Antiinflamatoria
Antihipertensiva
Resultado:

19. Na depresión, ¿cal dos seguintes síntomas NON se encadra dentro dos síntomas afectivos?

Perda de interese
Alteracións do humor
Diminución da capacidade de concentración
Inhibición ou axitación psicomotora
Resultado:

20. Entre as características da anorexia nerviosa NON se atopa:

Alteración da imaxe corporal
Amenorrea
Restrición da inxesta: insuficiente, irregular ou absurda
Sensación de perda de control da inxesta
Resultado:

21. O índice de Quetelet relaciona:

Dobra cutánea en centímetros con peso en quilogramos ao cadrado
Peso en quilogramos co cadrado do talle en metros
Volume corporal en metros cúbicos e logaritmo en base dez do talle
Superficie corporal en metros cadrados e peso en quilogramos
Resultado:

22. No plan de coidados de enfermaría nos pacientes con alteracións polo consumo de alcohol, ¿que actuación NON é correcta?

Vixiar e controlar a achega de líquidos
Previr a hiperglucemia
Controlar o sono, xa que poden presentarse pesadelos, terrores nocturnos, tremores
Proporcionar un espazo tranquilo, preto do control de enfermaría
Resultado:

23. ¿Cal das seguintes drogas pode producir o denominado síndrome amotivacional?

Heroína
Cocaína
Cannabis
Inhalantes
Resultado:

24. ¿Cal das seguintes afirmacións NON é correcta?

A comunicación é un proceso circular e discontinuo
A comunicación é un proceso circular
A comunicación é irreversible
Todas as respostas son correctas
Resultado:

25. A actitude empática supón

a) A capacidade para ver o mundo como o observa o paciente
b) Valorar co paciente as súas preocupacións e problemas
c) Ser sincero
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

26. Para a "escoita activa" teremos en conta principalmente:

O contacto físico, a distancia axeitada, os movementos corporais, a expresión do rostro e o contacto visual
A posibilidade de entender distintos idiomas
A dirección do corpo
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

27. Entre as actividades a realizar no momento do ingreso nunha unidade de hospitalización atópase:

Recibir ó paciente, presentarse e acomodalo no seu cuarto
Proporcionarlle información relativa ás características da unidade e o seu funcionamento
Tranquilizar ó paciente e a súa familia facilitando a expresión de sentimentos
Todas as respostas son correctas
Resultado:

28. Ao conxunto de técnicas que garante a ausencia de xermes ou microorganismos infecciosos coñéceselle como:

Antisepsia
Desinfección
Limpeza
Asepsia
Resultado:

29. Os residuos xerados como resultado da actividade sanitaria propiamente dita procedentes de pacientes non infecciosos inclúense en:

Residuos sólidos urbanos
Residuos sanitarios especiais
Residuos de natureza química
Residuos sanitarios asimilables a urbanos
Resultado:

30. Nun paciente con esquizofrenia, ¿cal das seguintes respostas se corresponde cunha intervención NIC?

Déficit de autocoidado
Control da ansiedade
Axuda na modificación de si mesmo
Conduta de cumprimento
Resultado:

31. Sinala a resposta correcta:

O rol do/a enfermeiro/a nos diferentes tipos de psicoterapia vai depender do nivel de formación e adestramento
Tendo en conta o modelo de enfermaría desenvolvido por L.Hall, a intervención do/a enfermeiro/a vai ir dende unha simple colaboración a certo protagonismo
No nivel da rehabilitación psiquiátrica, existen traballos que avalan o importante papel que o/a enfermeiro/a pode desempeñar nos grupos de psicoeducación familiar aplicada á esquizofrenia, demencias e, en xeral, a calquera enfermidade mental crónica
Todas as respostas son correctas
Resultado:

32. ¿Que afirmación en relación co índice de Katz NON é correcta?

É útil como guía da avaliación de enfermidades crónicas
Utilízase no estudio do envellecemento
Correlacionase co grao de mobilidade e confinamento na casa despois da alta hospitalaria
É moi sensible a pequenos cambios
Resultado:

33. ¿Que factores de risco intrínsecos favorecen as caídas no ancián?

Diminución da sensibilidade propioceptiva
Alteracións oculares
Alteracións auditivas
Todas as respostas son correctas
Resultado:

34. Entre as actividades a desenvolver no programa de mantemento con antipsicóticos de longa duración inclúese:

Explicación das características do protocolo de seguimento
Administración do fármaco e control de constantes vitais
Valoración de efectos secundarios
Todas as repostas son correctas
Resultado:

35. ¿Que desexamos conseguir cando relacionamos NANDA e NOC?

Indica a asociación do problema ou o estado actual do paciente cos aspectos do problema que se espera resolver ou mellorar mediante unha intervención
Facer unha revaloración do plan de coidados
Valorar a satisfacción do paciente
Son dous sistemas de clasificación que non poden relacionarse
Resultado:

36. En relación co tabaquismo en pacientes con diagnóstico de esquizofrenia, ¿que afirmación é correcta?

a) A súa prevalencia é do 70%-80% comparado co 20%-25% da poboación xeral
b) Aumenta a presión arterial, diminúe a tolerancia ao exercicio, aumenta a tendencia á coagulación do sangue
c) Non hai diferenzas coa poboación xeral
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

37. É unha manifestación conductual da ansiedade:

Aumento da respiración
Expresión de preocupación
Esquecemento
Temor
Resultado:

38. ¿Que diagnóstico de enfermaría aplicaría a unha alteración no patrón autopercepción-autoconcepto?

Dó disfuncional
Desempeño inefectivo do rol
Ansiedade
Deterioración da mobilidade física
Resultado:

39. ¿Cal das seguintes respostas se corresponde cun diagnóstico de enfermaría (NANDA) aplicable a un paciente con trastorno afectivo?

Deterioración do patrón do sono
Execución do rol
Control das ideas ilusorias
Todas as respostas son correctas
Resultado:

40. Dentro das medidas hixiénicas do sono atópase:

Manter horarios regulares para deitarse e levantarse
Realizar exercicio físico intenso nas horas previas ao sono
Realizar sestas de máis de 90 minutos
Durmir cunha boa iluminación
Resultado:

41. A anorexia nerviosa considérase un trastorno:

Do control de impulsos
Dismorfofóbico
Neurolóxico
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

42. Entre as actividades realizadas por enfermaría para a hixiene diaria do paciente terminal destaca:

Respectar a súa intimidade
Utilizar os seus propios efectos persoais
Aproveitar o momento no que o paciente estea máis forte ou animado
Todas as respostas son correctas
Resultado:

43. Para elaborar unha dieta laxante deben incorporarse:

Alimentos ricos en vitaminas
Alimentos ricos en fibra
Aumentar inxesta de peixes
Aumentar inxesta de verduras
Resultado:

44. Nun paciente con deterioración do patrón do sono as técnicas de relaxación e control de estímulos teñen como finalidade:

a) Lograr a sincronización dos ritmos circadianos
b) Conseguir unha axeitada preparación psicoambiental para o comezo do sono
c) As respostas A) e B) son correctas
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

45. ¿Cal das seguintes afirmacións NON é correcta en relación co carbonato de litio?

Utilízase no tratamento de trastornos afectivos
Precisa de controis diarios en sangue
Pódese administrar por vía intravenosa
A súa eliminación renal pódese ver alterada pola eliminación de sodio
Resultado:   Pregunta Anulada por el Tribunal

46. Cando se inclúe un paciente nun programa de tratamento con litio, ¿cal das seguintes respostas NON corresponde á primeira entrevista?

Explicar ao paciente que é o litio e como actúa
Sintomatoloxía da que debe informar rapidamente
Vía de administración e indicacións para tomalo correctamente
Avaliación da resposta terapéutica
Resultado:

47. A fase na que o suicida prepara o acto fisicamente denomínase:

Ideativa
Decisiva
Operativa
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

48. Son síntomas negativos da esquizofrenia:

Falta de motivación ou impulso para realizar as tarefas diarias
Delirios
Alucinacións
Todas as respostas son correctas
Resultado:

49. ¿Cal das seguintes respostas NON se corresponde cos síntomas que pode presentar un paciente en fase maníaca?

Ideas de grandeza
Aceleración do pensamento
Plans irrealizables
Inhibición social
Resultado:

50. Unha idea, un pensamento indesexado e persistente, que se experimenta inicialmente como estraño e sen sentido, se denomina:

Compulsión
Ideación
Hipocondría
Obsesión
Resultado:

51. Os obxectivos básicos do autocoidado son:

a) Incrementar o nivel de saúde actual da persoa
b) Incrementar a capacidade persoal para axudar aos demais
c) As repostas A) e B) son correctas
d) Ningunha resposta é correcta
Resultado:

52. A "emoción expresada" dentro do núcleo familiar refírese a:

Aspectos emocionais das persoas que conviven cos enfermos
O número de veces que se xunta todo o núcleo familiar
Repartición das tarefas do fogar
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

53. A similitude entre "a crise da metade da vida" e "a crise da xubilación" é que:

As dúas prodúcense en determinados momentos evolutivos das persoas
As perdas e o dó son factores comúns presentes en ambas as dúas
Ambas as dúas poden ser anticipadas
Todas as respostas son correctas
Resultado:

54. O modelo de tratamento asertivo comunitario foi creado:

a) Nos anos 70 por Stein e Test nun hospital público do condado de Main en Wisconsin
b) Como alternativa a tratamentos que eran efectivos a nivel hospitalario e deixaban de selo tras a reincorporación do paciente á súa vida cotiá, o que levaba consigo xeralmente unha nova hospitalización
c) En Avilés nos anos 90
d) As respostas A) e B) son correctas
Resultado:

55. Dende a perspectiva holística:

A enfermidade ofrece á persoa a posibilidade de crecemento
Recoñécese que os aspectos físicos e psicolóxicos son exclusivamente os que afectan a persoa
As respostas fronte á enfermidade son similares en todas as persoas
Ningunha resposta é correcta
Resultado:

Versión Web Oposiciones Sanidad... Pincha Aquí
Todos los Test Online agrupados por Servicios de Salud... Pincha Aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario